Curso | Novo procedemento administrativo e contratación pública no ámbito do urbanismo

18 Jul 2018

O obxectivo deste curso é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa que regula os procedementos e a contratación nas Administracións Públicas.

Os contidos do curso articúlanse en dous bloques:

Bloque 1: Procedemento administrativo

Analizaranse e estudaranse as reformas do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común operadas polas leis 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.

O obxectivo é que os alumnos coñezan as principais novidades que achegan estas leis e a súa incidencia, entre outros, na organización e o funcionamento da Administración, o réxime xurídico dos convenios, a responsabilidade patrimonial das administracións públicas, os recursos administrativos, a tramitación electrónica dos procedementos e os dereitos das persoas nas súas relacións coa Administración.

Bloque 2: Contratación administrativa no sector público

O obxectivo deste módulo é a análise e estudo das reformas da Contratación administrativa no sector público operada pola lei 9/2017, do 8 de Novembro polo que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Preténdese que o alumnado coñeza as principais novidades que achega esta nova regulación e a súa incidencia, na contratación pública, especialmente no referente ao colectivo ao que vai dirixido o presente Curso.

A Lei de Contratos do Sector Público incorpora ao noso ordenamento xurídico a lexislación comunitaria adoptada nos últimos anos no proceso de revisión e modernización das vixentes normas sobre contratación pública, que permitan incrementar a eficiencia do gasto público e facilitar, en particular, a participación das pequenas e medianas empresas (PEMES) na contratación pública, así como permitir que os poderes públicos empreguen a contratación en apoio de obxectivos sociais comúns.

Este curso conta coa homologación da Escola Galega de Administración Pública, e forma parte do itinerario formativo do Curso Superior de Técnico de Urbanismo.

Máis información e inscrición AQUÍ

……….

Curso | Nuevo procedimiento administrativo y contratación pública en el ámbito del urbanismo.

El objetivo de este curso es que los alumnos puedan adquirir los conocimientos necesarios en relación a la normativa que regula los procedimientos y la contratación en las Administraciones Públicas.

Los contenidos del curso se articulan en dos bloques:

Bloque 1: Procedemento Administrativo

Se analizarán y estudiarán las reformas del régimen jurídico de las administraciones públicas y del procedimiento administrativo común operadas por las leyes 39/2015, de 1 de octubre, del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas, y 40/2015, de 1 de octubre, del régimen jurídico del sector público.

El objetivo es que los alumnos conozcan las principales novedades que aportan estas leyes y su incidencia, entre otros, en la organización y el funcionamiento de la Administración, el régimen jurídico de los convenios, la responsabilidad patrimonial de las administraciones públicas, los recursos administrativos, la tramitación electrónica de los procedimientos y los derechos de las personas en sus relaciones con la Administración.

Bloque 2: Contratación Administrativa no sector público

El objetivo de este bloque es el análisis y estudio de las reformas de la Contratación administrativa en el sector público operada por la ley 9/2017, de 8 de noviembre por el que se transponen al ordenamiento jurídico español las Directivas del Parlamento Europeo y del Consejo 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febrero de 2014.

Se pretende que el alumnado conozca las principales novedades que aporta esta nueva regulación y su incidencia en la contratación pública, especialmente en lo referente al colectivo al que va dirigido el presente curso.

La Ley de Contratos del Sector Público incorpora a nuestro ordenamiento jurídico la legislación comunitaria adoptada en los últimos años en el proceso de revisión y modernización de las vigentes normas sobre contratación pública, que permitan incrementar la eficiencia del gasto público y facilitar, en particular, la participación de las pequeñas y medianas empresas (PYMES) en la contratación pública, así como permitir que los poderes públicos empleen la contratación en apoyo de objetivos sociales comunes.

Este curso conta coa homologación da Escola Galega de Administración Pública, e forma parte do itinerario formativo do Curso Superior de Técnico de Urbanismo.

Máis información e inscrición AQUÍ

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.