PREMIOS «GRANDEAREA» 2016

20 Jun 2016

As Delegacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Ourense, Pontevedra e Vigo convocan os Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS, PROMOTORES, CONSTRUTORES E APARELLADORES pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

Poden optar aos Premios todos os arquitectos colexiados, con proxectos redactados ou obras finalizadas, nas Provincias de Ourense e Pontevedra, ata o día último de presentación válida desta edición, e que non foran presentadas en edicións anteriores deste mesmo Premio.

Valorarse a totalidade do Proxecto ou Obra ou, unicamente, un determinado aspecto do mesmo que aporte un carácter singular ou de valor

A información completa da documentación a presentar e o prazo de presentación podese consultar na circular Colexial:  23-2016.

As consultas poderán ser remitidas ao seguinte correo electrónico: gda@coag.es , sinalando no asunto : “consulta GdA 2016”

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.