O Concello de Cangas comunica a Resolución desestimatoria do recurso de resposición presentado polo COAG en impugnación das condicións do Contrato de menor (cm22/71) do Concello de Cangas para a contratación do servizo de redacción do proxecto de obra «Rehabilitación das Vivendas Sociais de Nazaret», en defensa das competencias profesionais

22 Jun 2022

 
O concello na súa resolución recoñece que cometeu un erro e que o COAG tiña razón no seu recurso ao alegar a competencia exclusiva dos Arquitectos para un proxecto de rehabilitación dun edificio residencia. Non obstante, o concello argumenta que ao estar o contrato xa adxudicado e posto que finalmente o adxudicatario resultou ser un Arquitecto e que o concello necesita o proxecto para unha subvención, desestima o recurso no entendemento de que anular o proceso causaría maiores prexuízos.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.