Criterio interpretativo da Dirección Xeral de Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia sobre o artigo 42 do Plan Básico Autonómico relativo á altura da edificación

25 May 2022

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu unha consulta á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en relación coa en relación á interpretación do artigo 42 do Plan Básico Autonómico xa que se está a interpretar de forma distinta segundo en que concello.

O artigo 42 do PBA trata a altura da edificación, que ten como referencia a altura de cornixa definida no RLSG. Este artigo 42 determina a correspondencia entre número de plantas e altura da edificación cando a ordenanza establece unicamente un destes parámetros.

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo dou contestación  ao COAG mediante un informe de data 15/02/2022 sobre a interpretación do artigo 42 do Plan Básico Autonómico no que  informa sobre a cuestión dun xeito completo abordando os distintos aspectos a ter en conta, e concluído:

«(…) cabe concluír a interpretación implícita de que o cadro establece unha equivalencia recíproca entre o número “máximo” permitido de plantas e a altura “máxima” permitida en metros da edificación, no contexto da definición dun parámetro absoluto, como é a o altura máxima da edificación, que determina o teito do volume teórico do que non se pode exceder o proxectista, por debaixo deste o Plan Básico Autonómico non establece ningún condicionante limitativo da altura. Ambas haberán de respectarse como máximas admisibles, polo que nada impide materializar un número menor do máximo de plantas cando se alcanza o parámetro máximo de altura de cornixa da edificación, sen prexuízo de disposición expresa nese sentido do planeamento respectivo.»

Pode consultarse o contido íntegro:

Consulta do COAG.

Contestación da Dirección Xeral.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.