Oferta de emprego

13 Xul 2022

Estudo de arquitectura Mosteiro Arquitectos sito en Palma de Mallorca, selecciona arquitecto/a

Buscamos unha persoa polivalente que poida traballar, tanto de forma autónoma, como en equipo proxectando xunto a outros compañeiros. Somos un despacho formado por xente nova, polo que estariamos a buscar unha persoa de perfil similar nese aspecto, sempre en aras da mellor adaptación e unha boa sintonía. Aínda buscando un perfil novo e sen ser un requisito indispensable, valorarase de bo grado a experiencia.

Ubicación do posto: PALMA DE MALLORCA

Tipo de contrato: Condicións flexibles e a negociar. Dependerá do perfil do candidato e da adaptación deste ao equipo actual. O horario de despacho é intensivo de mañás, de 8h a 15h. A remuneración pactarase segundo a experiencia acreditada e as condicións de contratación que se acorden. Estas, poden estar referidas a unha incorporación en plantilla ou a unha colaboración profesional.

Coñecementos: Son imprescindibles coñecementos avanzados de Revit. Doutra banda, valorarase moi positivamente o dominio da infografía/renderizado, con programas como Enscape, Lumion, 3D Studio ou outros. De igual modo aínda que en menor medida, teranse en conta os coñecementos doutros programas de uso diario como Cype, Pres-to ou Arquímedes.

Experiencia: 1-2 anos.

Interesados: enviar C.V. y portfolio a info@mosteiroarquitectos.com 

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.