Publicacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo

12 Xan 2018

Incorporación na Área técnica (Notas técnicas – apartado III Materiais) da páxina web, polo seu interese para a profesión, de estas dúas publicacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Rehabilitar. Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia

Interesante Guía electrónica que recolle as solucións construtivas máis frecuentes no eido da rehabilitación arquitectónica en Galicia (2017) (en galego), (en castelán), cunha incidencia especial na sostibilidade da actuación e eficiencia enerxética. Configúrase como unha ferramenta sinxela, que lles permita ás persoas con cualificación técnica implicadas no eido da rehabilitación: – Adoptar as solucións de rehabilitación dos edificios, tanto nos seus elementos construtivos coma nas súas instalacións, que garantan o cumprimento e a mellora dos estándares básicos establecidos pola normativa de aplicación – Garantir a correcta execución das solucións adoptadas para o cumprimento dos obxectivos buscados – Determinar que solucións de rehabilitación deben de adoptar para garantir o cumprimento dos estándares esixibles en materia de aforro enerxético, ou adoptar solucións que permitan superar os ditos estándares en función da mellora que se pretenda acadar.

A conexión co visor de mapas climáticos de Galicia, desenvolvido polo IGVS no marco deste proxecto, permite adoptar as solucións máis axeitadas, de acordo coa localización específica do edificio, xa que estes mapas caracterízan todo o territorio galego en función de parámetros climatolóxicos que condicionan o comportamento dos edificios en materia de eficiencia enerxética.

Guía de arquitectura pasiva para viviendas en Galicia

Interesante Guía electrónica de Arquitectura pasiva para vivendas en Galicia (2017) (en galego) (en castelán), dirixida ás persoas con cualificación técnica de proxectistas, na que se establecen as estratexias pasivas ligadas ás variables climáticas específicas da zona onde se localice o edificio, para que se adopten no deseño, co fin de reducir as necesidades de demanda e consumo enerxético e mellorar os requisitos esixibles ata o nivel desexado. Pódese acadar o estándar de edificio case nulo (nZEB), e introduce criterios de sostibilidade no desenvolvemento dos proxectos. A guía, malia poderse aplicar a calquera tipo de edificación de nova construción, está pensada fundamentalmente para edificios de vivendas.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.