REGALA Libros COAG. Oferta

9 Dec 2014

O Colexio de Arquitectos pon á venda unha serie de de publicacións, a precios reducidos dentro da campaña REGALA Libros COAG. Excelentes publicacións colexiais que poñen en valor o sentido e o traballo do noso Colexio dende fai moitos anos, e que sempre poden ser un gran agasallo, pero en especial nestas datas.

El Colexio de Arquitectos pone a la venta una serie de publicaciones, a precios reducidos dentro de la campaña REGALA Libros COAG. Excelentes publicaciones colegiales que ponen en valor el sentido y trabajo de nuestro Colexio desde hace muchos años, yque siempre pueden ser un gran regalo, pero en especial en estas fechas.

Lotes 1-2-3-4

NOVOS Prezos

1 Lote. PVP: 23€ / Colexiados: 20€ / Colexiados con Servizo Publicacións: 16€ – Gastos de envío: 5€

2 Lotes. PVP: 40€ / Colexiados: 36€ / Colexiados con Servizo Publicacións: 30€ – Sen Gastos de envío

3 Lotes. PVP: 50€ / Colexiados: 45€ / Colexiados con Servizo Publicacións: 36€ – Sen Gastos de envío

4 Lotes. PVP: 55€ / Colexiados: 50€ / Colexiados con Servizo Publicacións: 40€ – Sen Gastos de envío

Dispoñibles 80 unidades de cada un dos lotes

Os envíos fanse ao enderezo que se indique polo que débese facer constar no correo co pedido dirixido a libroscoag@colexiodearquitectos.org

Os cobros ós colexiados faránse con cargo á conta que se teña dada de alta no COAG. No caso dos non colexiados será necesario indicar no correo co pedido o número de conta ou medio de pago.

Lotes 1-2-3-4

NUEVOS Precios

1 Lote. PVP: 23€ / Colegiados: 20€ / Colegiados con Servicio Publicaciones: 16€ – Gastos de envío: 5€

2 Lotes. PVP: 40€ / Colegiados: 36€ / Colegiados con Servicio Publicaciones: 30€ – Sin Gastos de envío

3 Lotes. PVP: 50€ / Colegiados: 45€ / Colegiados con Servicio Publicaciones: 36€ – Sin Gastos de envío

4 Lotes. PVP: 55€ / Colegiados: 50€ / Colegiados con Servicio Publicaciones: 40€ – Sin Gastos de envío

Disponibles 80 unidades de cada uno de los lotes

Los envíos se hacen a la dirección que se indeque por lo que se debe hacer constar en el correo con el pedido dirigido a libroscoag@colexiodearquitectos.org

Los cobros a los colegiados se harán con cargo a la cuenta que se tenga dada de alta en el COAG. En el caso de los no colegiados será necesario indicar en el correo con el pedido el número de cuenta o medio de pago.


Lote 1

Proyecto y Ciudad Histórica

Este libro é o testemuño do I Seminario Internacional de Arquitectura en Compostela, celebrado en 1976, baixo os auspicios do Colexio de Arquitectos e coa dirección de Aldo Rossi e a secretaría de Salvador Tarragó. O I SIAC non foi unha reunión académica, e menos un experimento, senón un xeito de vivir de forma diversa o propio oficio de arquitectura. A tese de partida foi o estudo de Santiago de Compostela visto dende fóra dos esquemas de restauración ou museográficos, para transformalo nun elemento cuestionador, provocador da análise da cidade e o territorio.

Este libro es el testimonio del I Seminario Internacional de Arquitectura en Compostela, celebrado en 1976, bajo los auspicios del Colegio de Arquitectos y con la dirección de Aldo Rossi y la secretaría de Salvador Tarragó. El I SIAC no fue una reunión académica, y menos un experimento, sino una manera de vivir de forma diversa el propio oficio de arquitectura. La tesis de partida fue el estudio de Santiago de Compostela visto desde fuera de los esquemas de restauración o museográficos, para transformarlo en un elemento cuestionador, provocador del análisis de la ciudad y el territorio.
Ver PDF

A Catedral de Santiago e o Barroco

Utilizando intencionadamente como punto de arranque o último parágrafo da obra de K.J. Conant sobre a catedral románica, o autor introdúcese no estudo da catedral barroca, considerada como un todo homoxéneo no que, partindo da necesidade de prestigiar o sepulcro apostólico como razón de ser do templo, se busca unha máis íntima relación entre a catedral e a cidade, mediante a concepción das novas fachadas encadradas no contexto urbanístico que a rodea.
Utilizando intencionadamente como punto de arranque el último párrafo de la obra de K.J. Conant sobre la catedral románica, el autor se introduce en el estudio de la catedral barroca, considerada como uno todo homogéneo en el que, partiendo de la necesidad de prestigiar el sepulcro apostólico como razón de ser del templo, si busca una más íntima relación entre la catedral y la ciudad, mediante la concepción de las nuevas fachadas encuadradas en el contexto urbanístico que la rodea.
Ver PDF

Primeiras Xornadas de Planeamento Especial para os Conxuntos Históricos

Este libro é o testemuño das Primeiras Xornadas de Plan Especial para os Conxuntos Históricos, celebradas en Santiago de Compostela en Novembro e Decembro de 1989, coa participación de varios arquitectos de distintas rexións españolas. Pretende crear unha base documental baseada nos relatorios, cumprimentada con fotografías, planos etc., sobre os cascos históricos en diferentes rexións españolas.
Este libro es el testimonio de las Primeras Jornadas de Plan Especial para los Conjuntos Históricos, celebradas en Santiago de Compostela en Noviembre y Diciembre de 1989, con la participación de varios arquitectos de distintas regiones españolas. Pretende crear una base documental basada en las ponencias, cumplimentada con fotografías, llanos etc., sobre los cascos históricos en diferentes regiones españolas. 
Ver PDF

 Lote 2

Arte Industria. Isaac Díaz Pardo

Este libro é unha achega ao coñecemento da obra de SARGADELOS e da personalidade do seu inspirador Isaac Díaz Pardo, polo seu lado máis sólido na súa consideración como industria do deseño: gráfico, de obxectos, de maquinas e mesmo de edificios. Esta experiencia é clave na construción da cultura galega contemporánea. Díaz Pardo, emprendedor, lúcido, creador, foi sobre todo, o mellor activista cultural da recente historia do pobo galego.

Este libro es una aportación al conocimiento de la obra de SARGADELOS y de la personalidad de su inspirador Isaac Díaz Pardo, por su lado más sólido en su consideración como industria del diseño: gráfico, de objetos, de maquinas e incluso de edificios. Esta experiencia es clave en la construcción de la cultura gallega contemporánea. Díaz Pardo, emprendedor, lúcido, creador, fue sobre todo, el mejor activista cultural de la reciente historia del pueblo gallego.
Ver PDF

Maside, un pintor para unha terra

Homenaxe no vixésimo aniversario da morte de Carlos Maside, un dos máximos expoñentes do movemento renovador da pintura galega na década dos 30. Os traballos reunidos neste libro abordan aspectos biográficos e históricos, para centrarse logo na análise das distintas facetas da obra masidiana, como contribución ao coñecemento e aproximación crítica a un período fundamental da arte galega contemporánea.

Homenaje en el vigésimo aniversario de la muerte de Carlos Maside, uno de los máximos exponentes del movimiento renovador de la pintura gallega en la década de los 30. Los trabajos reunidos en este libro abordan aspectos biográficos e históricos, para centrarse luego en el análisis de las distintas facetas de la obra masidiana, como contribución al conocimiento y aproximación crítica a un período fundamental de las artes gallegas contemporáneas.
Ver PDF

Rotulados

Este libro preséntanos no seu paseo polos carteis cotiáns unha prehistoria das arquitecturas e as cidades que veñen e que xa existen noutras latitudes. Nunha introdución á complicidade entre as formas do audiovisual e as edificadas para iniciar unha época de presenza común na que a publicidade comercial non sexa o único contido presente na vida da rúa.

Este libro nos presenta en su paseo por los carteles cotidianos una prehistoria de las arquitecturas y las ciudades que vienen y que ya existen en otras latitudes. En una introducción a la complicidad entre las formas del audiovisual y las edificadas para iniciar una época de presencia común en la que la publicidad comercial no sea el único contenido presente en la vida de la calle.
Ver PDF


 Lote 3

Feismo? Destruir un país

Que é realmente o feísmo, de onde vén e até onde chegan as súas consecuencias? Hai moitos feísmos diferentes? Despréndese dunha situación socio-política? APódese rastrexar historicamente? Coñecemos outras sociedades que o padezan? Debe chamarse feírsmo? Todas estas preguntas e outras moitas foron tratadas no Foro do Feísmo, nunha tentativa de reflexionar sobre o problema na súa magnitude, para avaliar o “estado da cuestión”.

Qué es realmente el feísmo, de donde viene y hasta donde llegan sus consecuencias? Hay muchos feísmos diferentes? Se desprende de una situación socio-política? ¿APódese rastrear históricamente? Conocemos otras sociedades que lo padezcan? Debe llamarse feírsmo? Todas estas preguntas y otras muchas fueron tratadas en el Foro del Feísmo, en una tentativa de reflexionar sobre el problema en su magnitud, para evaluar el “estado de la cuestión”.
Ver PDF

 Galicia. A destrucción e a integración do patrimonio arquitectónico

A depauperación e abandono dos centros históricos, non van ser superados por unha política que centre a súa actuación sobre o patrimonio arquitectónico. A rehabilitación dos centros históricos está supeditada á rehabilitación de toda a comunidade coas suas necesidades e aspiracións. Velaquí a filosofía do debate que se desenvolveu nas III Xornadas de Arquitectura Galega.

La depauperación y abandono de los centros históricos, no van a ser superados por una política que centre su actuación sobre el patrimonio arquitectónico. La rehabilitación de los centros históricos está supeditada a la rehabilitación de toda la comunidad con las suas necesidades y aspiraciones. He aquí la filosofía del debate que se desarrolló en las III Jornadas de Arquitectura Gallega.
Ver PDF

 Galicia, patrimonio arquitectónico, cidade e territorio

O concepto de Patrimonio Arquitectónico non se limita á valoración illada dun edificio, senón que considera como elementos a ter en conta non só o edificio isolado senón o conxunto no que aquél se ubica; inclusive o tecido urbano en si mesmo aínda que non conteña nengún edificio de especial interés arquitectónico, e non só os conxuntos urbanos, tamén os rurais e, en certos casos, a paisaxe natural na que se asentan. Este volume recolle relatorios presentados nas II e III Xornadas de Arquitectura Galega, como complemento de “Galicia: a destrución e a integración do patrimonio arquitectónico” (1981).

El concepto de Patrimonio Arquitectónico no se limita a la valoración aislada de un edificio, sino que considera como elementos a tener en cuenta no sólo el edificio isolado sino el conjunto en el que aquél si ubica; inclusive el tejido urbano en sí incluso aunque no contenga nengún edificio de especial interés arquitectónico, y no sólo los conjuntos urbanos, también los rurales y, en cierto casos, el paisaje natural en el que se asientan. Este volumen recoge ponencias presentadas en las II e III Jornadas de Arquitectura Gallega, como complemento de “Galicia: la destrucción y la integración del patrimonio arquitectónico” (1981).
Ver PDF


Lote 4

 Seca. Construcciones de Junta Seca en Galicia

Este libro recolle unha mostra da investigación levada cabo por cinco profesores do Departamento de Construcións Arquitectónicas e alumnado da ETSAC, presentada cun marcado carácter de guía coa que procúrase despertar a curiosidade por unhas construcións que non teñen despertado o interése que merecen, nin se teñen valorado suficientemente, contribuíndo á posta en valor e á conservación dun patrimonio construtivo en vías de desaparición como consecuencia do seu descoñecemento. Unha obra de divulgación guiada polo rigor descritivo e documental de sistemas construtivos tradicionais que resultan fortemente determinados polo clima, o territorio, o sistema productivo e os materiais.

Este libro recoge una muestra de la investigación llevada cabo por cinco profesores del Departamento de Construcciones Arquitectónicas y alumnado de la ETSAC, presentada con un marcado carácter de guía con la que se procura despertar la curiosidad por unas construcciones que no han despertado el se interes que merecen, ni se han valorado suficientemente, contribuyendo a la puesta en valor y a la conservación de un patrimonio constructivo en vías de desaparición como consecuencia de su desconocimiento. Una obra de divulgación guiada por el rigor descriptivo y documental de sistemas constructivos tradicionales que resultan fuertemente determinados por el clima, el territorio, el sistema productivo y los materiales.
Ver PDF

 Gimnasio Maravillas, Madrid 1960-1962. Alejandro de la Sota

O Ximnasio do Colexio Marabillas en Madrid constitúe unha peza singular do patrimonio arquitectónico español. Dende a súa realización (1960-1962), converteuse en referencia ineludible para numeroso grupo de profesionais que consideran esta obra “sen arquitectura” un exemplo a seguir. Non só como resposta concreta a un tipo de requirimentos, senón e sobre todo como un modo desinhibido de formularse os problemas á marxe dos convenios. Obra sinxela e enigmático ao tempo, segue propoñendo interpretacións suxestivas. Obra aberta e non obstante crítica, voluntariamente anónima e obstinadamente de autor, preséntase ante nós como peza irrepetible e ao mesmo tempo totalmente coherente nun proceso de sublimación espacial, construtivamente ascética.

El Gimnasio del Colegio Maravillas en Madrid constituye una pieza singular del patrimonio arquitectónico español. Desde su realización (1960-1962), se convirtió en referencia ineludible para numeroso grupo de profesionales que consideran esta obra “sin arquitectura” un ejemplo a seguir. No sólo como respuesta concreta a un tipo de requerimientos, sino y sobre todo como un modo desinhibido de que se formulen los problemas al margen de los convenios. Obra sencilla y enigmático al tiempo, sigue proponiendo interpretaciones sugestivas. Obra abierta y no obstante crítica, voluntariamente anónima y obstinadamente de autor, se presenta ante nosotros como pieza irrepetible y al mismo tiempo totalmente coherente en un proceso de sublimación espacial, constructivamente ascética.
Ver PDF

 Mario Soto. España y la Argentina en la Arquitectura del siglo XX

Percorrer a obra de Mario Soto, significa reencontrarse cun dos momentos máis intensos da arquitectura arxentina. Formado na sensibilidade moderna, abrazou apaisoadamente o seu ideario impulsando xunto a outros arquitectos da súa xeración a transformación da arquitectura en Arxentina. Fillo de inmigrantes galegos, titulou como arquitecto no 1956, despois de permanecer en Tucumán traballando xunto a Eithel Traine. Misiones albergou un conxunto das súas obras pioneiras que constituen algunhas das mais relevantes que deixaría en Arxentina. Vivíu o exilio en dúas oportunidades, na última das cales levaríao a España. Na Coruña foi profesor de Proxectos na ETSAC ata que faleceu prematuramente aos 54 anos. Aqui, en Galicia, deixou unha significativa mostra da súa obras.

Recorrer la obra de Mario Soto, significa reencontrarse con uno de los momentos más intensos de la arquitectura argentina. Formado en la sensibilidad moderna, abrazó apasionadamente su ideario impulsando junto a otros arquitectos de su generación la transformación de la arquitectura en Argentina. Hijo de inmigrantes gallegos, titulado como arquitecto en 1956, después de permanecer en Tucumán trabajando junto a Eithel Traine. Misiones albergó un conjunto de sus obras pioneras que constituyen algunas de las más relevantes que dejaría en Argentina. Vivió el exilio en dos oportunidades, en la última de las cuales lo llevaría a España. En A Coruña fue profesor de Proyectos en la ETSAC hasta que falleció prematuramente a los 54 años. Aqui, en Galicia, dejó una significativa muestra de sus obras.
Ver PDF

10154489_1496791743912525_5907612846920421762_n

 

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.