Concurso de proxectos para a construción dun centro termal, e a posta en valor e aproveitamento das augas minero-mediciais-termais no Concello de Bande (Ourense)

9 Set 2022

O Concello de Bande convoca un concurso de proxectos, a nivel de anteproxecto, coa finalidade de acadar a mellor propostas arquitectónica para a construción dun centro termal de nova planta e a posta en valor e aproveitamento da zona das augas mineromedicinais e termais nese concello no lugar dos Baños, inmediato ao embalse das Conchas.

Comunican do Concello de Bande que, segundo se establece no “punto 6. Inscrición, información e consultas”, das bases administrativas e técnicas que rexen a convocatoria do concurso de proxectos, a data fixada para realizar unha visita guiada á zona termal, para coñecer a problemática existente, así como os posibles condicionantes e valores a conservar e potenciar, é o día 30 de setembro ás 10:30 h.

A correspondencia referida a este concurso canto a consultas, manterase por medio do perfil de contratante, así como no correo electrónico: concello@concellobande.com Poderanse realizar consultas, sempre por escrito.

Proceso de Licitación

Orzamento

O orzamento previsto de contrata (IVE incluído) do proxecto construtivo “para a construción dun centro termal de nova planta e a posta en valor da zona dos baños termais nese concello no lugar dos Baños” estímase en 1.151.920,00€ (un millón cento cincuenta e un mil novecentos vinte euros) ata o termo da construción destas instalacións edificio e acondicionamento da contorna inmediata, incluídas conexións aos servizos preexistentes a pé do terreo. Sendo por tanto o PEM (descontando 13% de GG e 6% BI e 21% de IVE), de 800.000,00€.

O valor estimado do concurso de proxectos, conforme ao previsto nos artigos 101 e 183.4 LCSP -IVE EXCLUÍDO- ascende a 73.000 € que é o resultado dos pagos aos participantes en concepto de premios (12.000 €) e o valor estimado do contrato de redacción de proxecto e dirección de obra que pode adxudicarse posteriormente (si así o decidira o concello) (67.000 €, dos que se exclúe aos efectos do cálculo do valor estimado do concurso o importe do primeiro premio -6.000 €- que en caso de adxudicarse o contrato terá o carácter de entrega a conta).

Conforme ao previsto no artigo 183.4 LCSP, o presente concurso de proxectos non está suxeito a regulación harmonizada.

Premios

  • PREMIOS: valor total: 12.000,00 €, de acordo á seguinte desagregación:
PREMIO TOTAL
1º Premio-gañador (a conta) (*) 6.000,00 €
2º Premio 3.000,00 €
1º accésit 1.500,00 €
2º accésit 1.500,00 €
Total premios 12.000,00 €

Os premios estarán suxeitos, no seu caso, á retención e impostos correspondentes.

(*) o importe do primeiro premio ten o carácter de pago a conta e deducirase dos honorarios totais, no caso que posteriormente o concello adxudique ao gañador do concurso o contrato de servizos.

● Orzamento e valor estimado do contrato de servizos de redacción do proxecto, dirección de obra e dirección de execución de obra susceptible de ser contratado posteriormente, se así o decidise o concello:

  • Valor estimado do contrato de servizos de redacción de proxecto, dirección de obra : 67.000,00 € (sen IVE)
  • Honorarios totais € (IVE INCLUÍDO) de acordo á seguinte desagregación:
CONCEPTO CONTÍA 21% IVE TOTAL
Proxecto Básico (*) 22.000,00 € 4.620,00 € 26.620,00 €
Proxecto de Execución con ESS 20.000,00 € 4.200,00 € 24.200,00 €
Dirección de obra e doc final 25.000,00€ 5.250,00 € 30.250,00 €
Total honorarios (*) 67.000,00 € 14.070,00 € 81.070,00 €

(*) No seu caso, o importe do primeiro premio terá o carácter de pago a conta e deducirase dos honorarios totais da redacción do proxecto básico coa regulación de impostos que no seu caso haxa que facer, no caso que posteriormente o concello adxudique ao gañador do concurso o contrato de servizos.

Plazo de Presentación de Oferta

  • Hasta el 24/10/2022 a las 14:30

Recepción de Ofertas

  • Alcaldía do Concello de Bande
    Enderezo Postal
    Rúa San Roque nº 2
    (32840) Bande España

 

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.