Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense

27 Set 2022

Publicado no Portal de Contratación de Galicia con data 27 de setembro, este concurso para seleccionar a mellor idea, a xuízo do Xurado, e desenvolvida a nivel de anteproxecto, que sirva de base ao correspondente proxecto técnico, básico e de execución, incluído o estudio de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos, a certificación enerxética e o proxecto de telecomunicacións das obras de construción do edificio que albergará a nova sede da Xunta de Galicia na cidade de Ourense.

Se realizará UNHA VISITA Á PARCELA o MÉRCORES DÍA 5 DE OUTUBRO DE 2022, ÁS 13:30 H. As persoas interesadas en asistir deberán comunícalo por medio dun correo electrónico ao enderezo ascension.labella.lozano@xunta.gal

Na seguinte ligazón figura a ubicación do punto de encontro.

Para a redacción do dito anteproxecto haberá de terse en consideración a normativa urbanística e medioambiental aplicable e as determinacións dispostas nos plans urbanísticos do concello de Ourense, das que se deberá dar cumprimento.

As obras a executar en desenvolvemento do anteproxecto gañador deste concurso de ideas terán un orzamento máximo de VINTE E CATRO MILLÓNS DE EUROS (24.000.000,00 euros). Este importe inclúe os gastos xerais, o beneficio industrial e o IVE (21%).

Importante: As consultas, para ser respondidas, deben ser dirixidas ao seguinte enderezo:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal

 

Obxecto: Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense
Tipo de tramitación. Ordinaria
Tipo de procedemento. Abertos
Tipo de contrato: Servizos
Orzamento base de licitación: 265.000,00 con IVE
Nº lotes: 6
Contrato SARA: Si
Contratación centralizada: Non
Compra pública estratéxica: Non aplica
Valor estimado: 1.115.737,20 sen IVE
Sistema de contratación: Non aplica

Enlace a documentación.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.