Oficina de Apoyo a la Rehabilitación
Convocatoria pública de contratación dunha praza de administrativo/a

Convocatoria pública de contratación dunha praza de administrativo/a

Conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión 3/2022 de 10 de marzo, comunicado na circular 4/2022, creouse 1 praza de administrativo/a para que preste as funcións da categoría de “Administrativo” do grupo profesional III do Convenio Colectivo na delegación de A Coruña, con dispoñibilidade de prestar ademais ditas funcións na delegación de Ferrol indistintamente. read more…

Convocatoria do programa de axuda á movilidade eléctrica, MOVES III

Convocatoria do programa de axuda á movilidade eléctrica, MOVES III

No DOG do 5 de agosto de 2021, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Enerxético de Galicia do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

Hoxe venres 21 de outubro ampliouse o crédito orzamentario para o programa MOVES III ata os 40.562.718,36 euros.

read more…

Axudas XERA construción en madeira

Axudas XERA construción en madeira

Publicada no DOG de 13 de outubro a Resolución da Axencia Galega da Industria Forestal pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G). read more…

I Concurso de debuxo infantil “A SUPERCASA”

I Concurso de debuxo infantil “A SUPERCASA”

A delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca o I Concurso de Debuxo Infantil coa finalidade de dar a coñecer, entre os e as máis novas, a importancia que ten a Arquitectura na calidade de vida e benestar da sociedade. O concurso está dirixido a nenos e nenas en idades entre 5 e 12 anos inscritos na educación primaria. read more…

Evento Piñeiros´22

Evento Piñeiros´22

A Fundación Arume organiza o martes 25 de outubro o Encontro Piñeiros 22, que se desenvolverá no auditorio do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Tralo éxito da primeira edición de Piñeiros, celebrada o pasado ano, esta segunda edición parte cun enfoque transnacional e congregará a destacados profesionais e investigadores de España e Portugal. read more…

O Concello de Burela incorpórase á interoperabilidade co COAG

O Concello de Burela incorpórase á interoperabilidade co COAG

A partires do día 17 de outubro o Concello de Burela incorporarase á interoperabilidade co COAG a través da plataforma “pasaxe”. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e a Xunta de Galicia. Así, a partires do día 17 de outubro, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal.

read more…

1ª Edición Curso en línea Tecnologías Apropiadas

1ª Edición Curso en línea Tecnologías Apropiadas

Arquitectura Sin Fronteras ha abierto el plazo de inscripción para el curso online Tecnologías Apropiadas. Con él se propone profundizar en su definición y aplicación en el momento actual, en el que las Tecnologías Apropiadas se presentan como una alternativa al modelo de desarrollo dominante en este contexto de crisis civilizatoria en países del Norte y el Sur Global. read more…

II Edición Ciclo de conferencias: LA CASA INVISIBLE

II Edición Ciclo de conferencias: LA CASA INVISIBLE

Desde la Delegación de Santiago del Colegio de Arquitectos, tenemos el placer de anunciar una nueva edición del ciclo de conferencias sobre Arquitectura y Salud: “LA CASA INVISIBLE” en la semana en la que celebramos el Día Mundial de la Arquitectura que, este año, la Unión Internacional de Arquitectos dedica el lema DISEÑO PARA LA SALUD. Al igual que en la edición anterior, este ciclo se celebra en colaboración con el “Cluster Saúde de Galicia”. read more…

Convocatoria do programa de axuda á mellora da accesibilidade en vivendas

Convocatoria do programa de axuda á mellora da accesibilidade en vivendas

No DOG do 4 de outubro, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 23 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas, do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e procédese á súa convocatoria para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).

read more…

Exposición “Arquitectura do Camiño” no marco do festival Galicia Design Weekend na delegación viguesa do COAG

Exposición “Arquitectura do Camiño” no marco do festival Galicia Design Weekend na delegación viguesa do COAG

A Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza, con motivo do Día Mundial da Arquitectura e no marco do festival Galicia Design Weekend, a exposición “Arquitectura do Camiño”, unha selección de proxectos non residenciais realizados entre os anos Xacobeos 2011 e 2021 comisariada polo arquitecto Jordi Castro, socio do estudio vigués de arquitectura Castroferro. A mostra, con entrada libre, poderase visitar na sede da Delegación de Vigo do COAG (rúa Doutor Cadaval, 5) desde o sábado, 1 de outubro, ata o 29 de outubro (Horarios: De luns a venres de 18 a 20 horas e os sábados de 12 a 14 horas e de 17 a 19 horas).
read more…

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.