O Colexio de Arquitectos de Galicia foi emprazado polo concello como interesado no procedimento xudicial e compareceu e constituise en parte codemandada en defensa do estatuto competencial da profesión.
RESUMO DA SENTENCIA
A sentenza desestima un recurso do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia impugnando a resolución do Concello de Vigo que declarou a falta de competencia dun enxeñeiro industrial para realizar un informe de avaliación de edificios sobre edificación residencial. A sentenza desestima íntegramente o recurso e declara conforme a dereito a resolución do Concello de Vigo.
A sentenza aínda non é firme e contra ela cabe recurso. Non obstante, considerase de interese informar sobre a mesma debido á motivación clara e contundente exposta polo xulgado.
A sentenza, realiza unha análise detallada das atribucións profesionais que regula LOE e que se concretan nos artigos 12, 13 , en relación co artigo 2 do mesmo texto legal, precisando que: “Los únicos títulos que demuestran la capacitación profesional para la confección de proyectos de edificación respecto de la construcción de edificios o intervenciones sobre los existentes, con usos administrativos, sanitarios, religiosos, residenciales en todas sus formas, docentes y culturales, son el de arquitecto y el de arquitecto técnico para la dirección de la ejecución de estas obras, y sus IEEs.”
Seguiremos informando sobre a deriva deste procedemento, é dicir, si a sentenza é recorrida ou ben cando adquira firmeza.