XVII premios COAG: recordatorio fin de prazo o vindeiro 28 de decembro

22 Dec 2016

Lémbrase que, conforme ao previsto nas bases da convocatoria da XVII edición dos Premios COAG, o prazo de presentación de propostas aos XVII premios COAG remata o vindeiro 28 de decembro ás 23:59 horas.

As propostas deberán ser achegadas vía web a través do seguinte ENLACE

Tamén se recorda que o Colexio comprométese á resolución de todas as consultas relativas ás bases presentadas con anterioridade ao xoves 22 de decembro ás 12:00 horas.

Aclaracións
Tal é como se indica nas referidas bases, unha mesma obra só se poderá presentar a unha única das categoría das expostas.

Recomendacións

  • A plataforma de presentación permite ir editando e gardando as propostas con información parcial. Serán válidas as propostas que, no momento do peche do prazo de presentación, achegasen toda a información requirida. Por esta razón, recomendamos ir rexistrando e editando as propostas que se vaian a presentar.
  • A plataforma dispón dunha opción que permite previsualizar as propostas presentadas. Recoméndase utilizar esta función de previsualización, especialmente no que se refire a comprobar a disposición na pantalla dos arquivos de imaxe (fotografías ou planos).
  • As propostas inclúen un tipo de arquivos (fotografías, planos,…) que, polas súas características, poden requirir un tempo de “subida” relevante desde o estudio. Así, para evitar incidencias (cortes, redución puntual do ancho de banda, erros no equipo,…), recoméndase realizar a achega completa das propostas coa suficiente marxe antes do peche do prazo de presentación.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.