Resultado do proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar traballos vinculados á xeración dun novo informe estatístico colexial

31 Ago 2018

Conforme ao previsto na convocatoria do proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar traballos vinculados á xeración dun novo informe estatístico colexial, (circular 16/2018 de 23 de xullo), o pasado 30 de agosto reuniuse o tribunal configurado ao efecto de finalizar o proceso de selección, realizando as entrevistas aos candidatos que obtiveron maior puntuación nas fases anteriores (Valoración de méritos e Proba teórica e práctica).

Neste sentido, foron convocados para realizar as entrevistas os colexiados referidos a continuación:

  • 4022, Ildefonso Garcia de Longoria Ramos
  • 3149, Pablo Castro Pais
  • 2609, Roberto Pardo Barro

Unha vez realizadas as entrevistas, a puntuación total obtida polos 3 candidatos no proceso sería a seguinte:

Candidato méritos (25%) sobre 10 nota proba para o proceso (65%) sobre 10 entrevista persoal (10%) sobre 10 puntuación total provisional (méritos+proba+entrevista)
Ildefonso Garcia de Ramos 1.37 1.18 1 3.55
Pablo Castro Pais 1.23 3.33 0 4.56
Roberto Pardo Barro 1.18 3.82 0 5.00

Conforme ao anterior, o candidato que mais puntos obtivo é D. Roberto Pardo Barro, colexiado nº 2609, que será o contratado para a prestación do servizo. Os demais candidatos entrevistados pasarán a formar un listado de suplentes, ordenados de maior a menor puntuación. En caso de que o seleccionado finalmente non acepte o encargo, procederase a ofrecer a contratación aos suplentes polo orden de prelación indicado ata que se asigne o servizo obxecto do contrato.

As consultas e reclamacións sobre esta convocatoria poderanse realizar no panel de servizos colexiais no seguinte ENLACE

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.