Resultado da oferta de becas para o Máster en Deseño & Construción en Madeira de CESUGA

14 Out 2022

En relación coa convocatoria realizada na circular 22/2022 pola cal se ponían a disposición dos colexiados, de 35 anos ou menos, 10 becas para cursar o novo Máster en Deseño & Construción en Madeira, ofertado por CESUGA en 2022/2023, unha vez rematado o prazo de inscrición, infórmase do resultado do proceso.

En total inscribíronse como interesados en recibir as becas un total de 11 colexiados. No obstante, só 6 deles cumprían os requisitos establecidos na convocatoria, polo que só 6 dos inscritos optan ás becas. Ao ser un número inferior ao total de becas ofertadas, non procede realizar sorteo, e as becas asígnanse directamente aos/ás colexiados/as que se indican a continuación:

  • Alejandro Rodríguez Tarrío, colexiado nº 4918
  • Andrés Novo Castro, colexiado nº 4609
  • Daniel Gómez Magide, colexiado nº 5123
  • Diego Cisterna Arias, colexiado nº 5165
  • Laura Izzo, colexiada nº 5282
  • Mar Veiga Fachal, colexiada nº 5006

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.