ProxectoTERRA – Aberta a convocatoria de Sementeiras – Obradoiros Transdisciplinares 2022 para Educación Infantil, Primaria e Secundaria – Chamada a axentes

22 Ago 2022

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de Obradoiros transdisciplinares 2022 para Educación Infantil e Primaria e Secundaria, a desenvolver nos meses de outubro e novembro de 2022, co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.

A presente convocatoria enmárcase dentro do programa 18. ProxectoTERRA do Plan Proxecta+ 2022/2023, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial. Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinares que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

COMO PARTICIPAR
Se formas parte dunha entidade ou tes un obradoiro que ofrecer dentro das condicións descritas nesta convocatoria, podes presentar a túa proposta cubrindo o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSelka5PBmmsGhErrFMPzzYNr_FbLjdDvVeIcd85Patb5kKrmA/viewform?usp=sf_link

Descarga a convocatoria para consultar toda a información: http://proxectoterra.coag.es/wp-content/uploads/2022/08/Obradoiros-transdisciplinares-22-23_Convocatoria-axentes.pdf

A convocatoria estará aberta até o 4 de setembro.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.