Presentación do Xeoportal do Concello de Santiago

4 Xan 2018

O vindeiro xoves 11 de xaneiro, Jorge Duarte, Concelleiro Responsable de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivienda, Movilidade e Relacións Vecinais, presentará na Delegación de Santiago do COAG o Xeoportal posto recentemente a disposición dos profesionais e da cidadanía.

O Xeoportal permite consultar a totalidade do planeamento refundido de Santiago, e coñecer en detalle a cualificación urbanística dunha finca determinada, cal é a administración titular dun viario ou cal é a área de influencia de cada colexio da cidade.

Ademáis, a través do Xeoportal pódense visualizar, entre outras capas temáticas de información xeográfica, cartografía actual e antiga, ortofotografías de distintos anos, catastro, redes de servizos, etc.
O visor xeral do que dispón permite acceder a un mapa base cun xeolocalizador que está elaborado polo propio Concello, e que polo tanto ofrece unha información máis exacta sobre o municipio que outros buscadores dispoñibles en internet.

Ao longo do acto, os intervenientes explicarán todas as potencialidades desta nova e útil ferramenta, e resolverán as dúbidas sobre a súa utilización que lles sexan expostas.

Intervirán

  • Jorge Duarte Vázquez,
    Concelleiro Responsable de Espazos Cidadáns,
    Dereito á Vivienda, Movilidade e Relacións Vecinais.
  • Ignacio Cerrada Gonzalo,
    Director da Área Municipal de Urbanismo.
  • Rogelio Canedo Lamela,
    Xefe da Sección de Cartografía e SIT.

Data e lugar de celebración

Xoves 11 de xaneiro de 2018
19:30 horas
Entrada libre
Delegación do COAG en Santiago de Compostela.
Praza da Quintana 1, 3º.
15704 Santiago de Compostela.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.