Oferta de emprego

3 Feb 2022

ESTRATEGIA Y ORGANIZACIÓN S.A. (EOSA) empresa consultora con sede en VIGO, selecciona arquitecto/a para incorporar ao equipo de área de desenvolvemento urbano.

Posto ofertado: CONSULTOR/A: A empresa desexa incorporar para o equipo da área de Desenvolvemento Urbano un perfil que apoie no deseño, desenvolvemento e execución de proxectos vinculados ao desenvolvemento urbano e territorial, en especial aqueles vinculados cos Fondos Next Generation EU e Fondos FEDER, así como á posta en marcha e coordinación dos proxectos unha vez conseguida o financiamento..
Deberá estar familiarizado co ciclo de vida da xestión de fondos públicos, desde a súa fase de deseño e presentación de candidaturas, até a xestión e a posterior xustificación das mesmas

Funcións a desempeñar: Funcións de Diagnóstico territorial, ambiental, económico e social, e en especial no ámbito da axenda urbana española e a planificación urbana.
Elaboración de candidaturas de proxectos tanto para convocatorias de carácter autonómico, como estatal e europeo. Xestión e seguimento de proxectos cofinanciados con fondos públicos, en especial fondos europeos.

Tipo de contrato: Asalariado (ordinario) 1 ano de duración / salario negociable en función de CV e experiencia.

Requisitos: Licenciatura superior ou grao Universitario en arquitectura
Formación en materia de Urbanismo, análise territorial e xestión de proxectos para administracións públicas valorándose así mesmo Master/formación de posgrao. Experiencia laboral de 2 anos en consultoría ou xestión de proxectos. Dominio do idioma inglés, valorándose coñecementos doutros idiomas comunitarios. Amplos coñecementos de ofimática. Capacidade de coordinación e xestión de documentación de proxectos.
Persoa proactiva e con capacidade de achegar solucións.

Experiencia: 2 anos de experiencia laboral.

Interesados: Enviar C.V. a rrhh@eosa.com

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.