Mesas Redondas Plan de Dinamización Áreas Rexurbe

24 Set 2019

No marco do convenio subscrito entre IGVS, COAG e a USC para a elaboración do plan de dinamización das áreas Rexurbe, o COAG celebrará nas próximas semanas un ciclo de mesas redondas que teñen por obxecto expor e analizar diferentes aspectos relacionados con actuacións de renovación urbana e rexeneración urbanística.

A primeira destas mesas tivo lugar o pasado sábado día 21 de setembro ás 10:00 horas na Delegación de Ferrol (Avda de Esteiro, 129). Nela abordouse a intervención no espazo público e o uso de espazos abandonados como elementos de dinamización urbana. Contamos coa presenza de:

  • Anxo Panero Pardo. Arquitecto.
  • Miguel Reimúndez González. Arquitecto.
  • Montserrat Ruíz Fernández. Arquitecta.
  • Aníbal Areas Maciñeira. Arquitecto.
  • Maricarmen Tapia Gómez. Arquitecta.

Moderada por:

  • Carmen Pérez Parapar. Arquitecta. Presidenta da Delegación de Ferrol do COAG.
  • Ramón Montero Cereijo. Arquitecto. Vogal da Xunta de Goberno do COAG.

Ademais, ao longo das próximas semanas terán lugar as seguintes xornadas, cuxa información detallada e programación publicarase nos próximos días:

  • Xoves, 26 de setembro, 16:00 h. Delegación de Vigo do COAG: “Edificación ex novo vs, rehabilitación. Integración de novas arquitecturas en barrios históricos”
  • Sábado, 28 de setembro, 10:00 h. Delegación de Santiago do COAG: “Intervencións culturais e artísticas, integración do Camiño de Santiago”.
  • Sábado, 28 de setembro, 10:00 h. Delegación de Lugo do COAG: “Intervención no espazo público e o uso de espazos abandonados como elementos de dinamización urbana”.
  • Xoves, 3 de outubro, 16:00 h. Delegación da Coruña: “Actividade económica / integración do tecido comercial-empresarial / deportivo / outros usos en centros históricos”
  • Sábado, 5 de outubro, 10:00 h. Delegación de Ourense“Enerxía / implantación de renovables e novas tecnoloxías / barrios históricos como barrios verdes”
  • Sábado, 5 de outubro, 10:00 h. Delegación de Pontevedra“Accesibilidade / presencia de vehículos en centros históricos / necesidade e solucións de aparcadoiro e mobilidade”

Acceso libre. Non se require inscrición previa.


Mesas Redondas Plan de Dinamización Áreas Rexurbe

En el marco del convenio suscrito entre IGVS, COAG y la USC para la elaboración del plan de dinamización de las áreas Rexurbe, el COAG celebrará en las próximas semanas un ciclo de mesas redondas que tienen por objeto exponer y analizar diferentes aspectos relacionados con actuaciones de renovación urbana y regeneración urbanística.

La primera de estas mesas tuvo lugar el pasado sábado día 21 de septiembre a las 10:00 horas en la Delegación de Ferrol (Avda de Esteiro, 129). En ella se abordó la intervención en el espacio público y el uso de espacios abandonados como elementos de dinamización urbana. Contamos con la presencia de:

  • Ángel Panero Pardo. Arquitecto.
  • Miguel Reimúndez González. Arquitecto.
  • Montserrat Ruíz Fernández. Arquitecta.
  • Aníbal Arenas Maciñeira. Arquitecto.
  • Maricarmen Tapia Gómez. Arquitecta.

Moderada por:

  • Carmen Pérez Parapar. Arquitecta. Presidenta de la Delegación de Ferrol del COAG.
  • Ramón Montero Cereijo. Arquitecto. Vocal de la Junta de Gobierno del COAG.

Además, a lo largo de las próximas semanas tendrán lugar las siguientes jornadas, cuya información detallada y programación se publicará en los próximos días:

  • Jueves, 26 de septiembre, 16:00 h. Delegación de Vigo del COAG: “Edificación ex novo vs, rehabilitación. Integración de nuevas arquitecturas en barrios históricos”
  • Sábado, 28 de septiembre, 10:00 h. Delegación de Santiago del COAG: “Intervenciones culturales y artísticas, integración del Camino de Santiago”.
  • Sábado, 28 de septiembre, 10:00 h. Delegación de Lugo del COAG: “intervención en el espacio público y el uso de espacios abandonados como elementos de dinamización urbana”
  • Jueves, 3 de octubre, 16:00 h. Delegación de A Coruña: “Actividad económica / integración del tejido comercial-empresarial / deportivo / otros usos en cascos históricos”
  • Sábado, 5 de octubre, 10:00 h. Delegación de Ourense: “Energía / implantación de renovables y nuevas tecnologías / barrios históricos como barrios verdes”
  • Sábado, 5 de octubre, 10:00 h. Delegación de Pontevedra: “Accesibilidad / presencia de vehículos en cascos históricos / necesidad y soluciones de aparcamiento y movilidad”

Acceso libre. No se requiere inscripción previa.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.