Eleccións Xunta Directiva da AAPF – 11 de maio de 2018: Lista provisional de electores

7 Mar 2018

En relación coa convocatoria das eleccións para elixir aos novos membros da Xunta Directiva da AAPF, previstas para o día 11 de maio, anunciadas mediante a circular colexial de Secretaría 2-2018, trasládase a seguinte información en canto á configuración do listado de electores:

Listas provisionais:

Conforme ao indicado no art. 54.2 dos Estatutos, no día de hoxe fixéronse públicas as listas provisionais de electores que poderán participar nas eleccións do próximo 11 de maio, que se poderán consultar dentro do prazo de reclamación, estando dispoñibles no portal corporativo colexial no seguinte ENLACE

Reclamacións:

En caso de desexar formular reclamacións sobre inclusións ou exclusións nas listas provisionais, estas deberán presentarse antes das 14:00 horas do día 16 de marzo, debendo ser realizadas a través do Panel de Servizos da páxina web do COAG no seguinte ENLACE.

As reclamacións presentadas serán resoltas pola Xunta Directiva da Agrupación na mesma sesión na que se acorde a admisión de candidaturas. As listas de electores, configuradas unha vez resoltas as reclamacións, serán difundidas entre os colexiados para a súa verificación, e poñeranse a disposición das candidaturas proclamadas.

Electores:

Serán electores os colexiados de alta da Agrupación que no momento da convocatoria leven un ano  incorporados á Agrupación e non suspendidos dos seus dereitos.

Neste sentido, indícase que a baixa colexial supón a perda do dereito de sufraxio activo, polo que os colexiados que soliciten e obteñan a baixa con posterioridade á convocatoria de eleccións, non poderán participar nas mesmas.  Isto aplicarase ás solicitudes de baixa que cumpran todos requisitos e sexan ratificadas mediante o acordo colexial correspondente.

Así mesmo, os colexiados que se atopen suspendidos non terán dereito de sufraxio activo, en tanto non regularicen a súa situación, polo que os colexiados aos que suspensión lle sexa levantada antes da xornada electoral, serán incorporados ao censo electoral.

As variacións que se produzan no censo electoral polas cuestións referidas, serán comunicadas oportunamente aos candidatos.

Censo actualizado:No portal corporativo colexial informarase de todas as cuestións relativas ao presente proceso electoral, entre outras cousas, da convocatoria e o listado provisional de electores durante o prazo de reclamación.

A medida que avance o proceso electoral iranse incluíndo outros documentos nese apartado, entre os que se incluirá un listado do censo actualizado en función das variacións que se vaian producidos en atención a reclamacións, tramitación de baixas e suspensión de colexiación antes da celebración dos comicios.

 

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.