Convocatoria para a configuración dun listado de colexiados interesados en recibir encargos para realizar alegacións á revisión do PXOM de Vigo

20 Out 2021

Infórmase da aprobación no pleno do Concello de Vigo da “Revisión del Plan general de ordenación municipal de Vigo, versión para aprobación inicial” En relación con este documento, indícase que o trámite de información pública  e o prazo para presentar alegacións iniciouse o 13 de outubro de 2021 e terá un prazo de tres meses a partir da publicación da Aprobación Inicial no Diario Oficial de Galicia (publicación pendente).

Coa finalidade de facilitar que os particulares interesados en contratar os servizos dos nosos colexiados para realizar alegacións ao documento de Aprobación Inicial, determinouse realizar a convocatoria coas seguintes características:

OBXECTO

Elaborar un listado convocar a elaboración dun listado no que figuren os colexiados interesados en recibir encargos de particulares para realizar alegacións ao documento Revisión del Plan general de ordenación municipal de Vigo, versión para aprobación inicial“.

Tanto os honorarios coma o resto de condicións dos encargos serán establecidos polo encargante directamente co/coa colexiado/a que seleccione e que acepte a realización do encargo. O Colexio non se responsabiliza da xestión e desenvolvemento do encargo recibido polo designado durante a súa realización nin da xestión económica co cliente.

CARACTERÍSTICAS

O listado terá as seguintes características:

  • A relación de integrantes do listado figurará por orde de inscrición.
  • O listado será público e poderá consultarse en aberto na web colexial a partir do vindeiro luns 25 de outubro. No mesmo só se indicará dos inscritos: o número de colexiado e nome e apelidos. No listado indicarase que, para consultar os  datos de contacto dos inscritos, será preciso consultar o directorio de colexiados dispoñible na web colexial.
  • A inscrición poderá realizarse en calquera momento durante o prazo establecido para realizar alegacións. Durante ese prazo tamén será posible solicitar a baixa no listado, o cal se poderá realizar no mesmo enlace de inscrición.

Lémbrase que o directorio web recolle os datos que indican os colexiados e que figuran na base de datos colexial. Como mínimo, indícanse os datos de contacto postal dos colexiados, así como os demais datos que indique os propios colexiados a maiores. A actualización dos datos obrantes na base de datos colexial, pode realizarse telematicamente ou presencialmente.

INSCRICIÓN: REQUISITOS, FORMA, ELECCIÓN E PRAZO.

Poderán inscribirse tódolos arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, quedando excluídos:

– Os que se encontren en situación de suspensión na súa colexiación.

– Os que non se atopen en plenitude dos seus dereitos como colexiados.

– As sociedades profesionais.

Estes requisitos deberanse manter durante o período de aplicación do listado, en caso contrario, implicaría a anulación da inscrición.

Para realizar a inscrición deberase acceder ao apartado de listas para encargos ou traballos dentro do panel de servizos da web colexial, no seguinte ENLACE.

A inscrición poderá realizarse en calquera momento durante o prazo establecido para realizar alegacións. Durante ese prazo tamén será posible solicitar a baixa no listado, o cal se poderá realizar no mesmo enlace de inscrición.

ACTUALIZACIÓN: o listado coa relación de inscritos actualizado, pódese consultar no seguinte ENLACE.

PROTECCIÓN DE DATOS

O COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA (COAG), con domicilio en Praza Quintana, 1, 2º, 15704 Santiago de Compostela, é a entidade responsable do tratamento dos datos de carácter persoal consignados na súa solicitude de participación e na documentación que acompañe, así como dos que sexan xerados a consecuencia da súa participación no proceso de selección. A finalidade do tratamento é a xestión do proceso de selección e contratación, e a publicidade do mesmo.

Os datos solicitados a través do formulario de inscrición no proceso de selección resultan necesarios para a comprobación do cumprimento dos requisitos da convocatoria, así como a súa acreditación mediante a documentación oportuna, se o interesado non facilita estes datos podería ver rexeitada a súa solicitude de participación no proceso selectivo.

A base de lexitimación do tratamento é a petición do participante no proceso de selección, como medida precontractual, e o seu consentimento explícito para a publicidade da avaliación obtida a través da zona privada do portal web do COAG.

Así mesmo, se lle informa de que o COAG recorre a servizos de terceiros para la realización servizos que implican el tratamento de datos por conta de aquel, por lo que, como encargados del tratamento, estes terceiros poderán ter aceso ós seus datos nos seguintes casos: Asesoramento xurídico, Provisión de ferramentas ou tecnoloxías da información e comunicación (comunicacións electrónicas e formularios, aloxamento de servidores, provisión y mantemento de software).

A prestación de determinados servizos de comunicacións electrónicas e servizos TIC son proporcionados por determinados encargados do tratamento (INTELLIGENCE PARTNER, S.L (Google), The Rocket Science Group LLC d/b/a MailChimp) que implica ou pode implicar a transferencia dos seus datos persoais a terceiros países que teñan ofrecido garantías adecuadas, mediante la autorización de la AEPD y/o la adscrición ó marco de Privacy Shield que garante que os interesados conten con dereitos esixibles e accións legais efectivas.

Pode consultar a información relativa a Privacy Shield Framework nos seguintes enlaces: 

https://www.privacyshield.gov/

https://www.privacyshield.gov/participant?id=a2zt0000000TO6hAAG&status=Active

https://www.privacyshield.gov/participant?id=a2zt000000001L5AAI&status=Active

Os datos conservaranse mentres se realice o proceso selectivo polo COAG e posteriormente, durante o prazo de exercicio de accións legais o xudiciais derivadas de la citada relación e para dar cumprimento as obrigas de arquivo o rexistro do COAG. 

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre si o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA está a tratar datos persoais que lle concirnan.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder a os seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para los fines para os que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, neste caso, unicamente se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións. 

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán oporse ó tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, o COAG deixará de trata-los datos, salvo por motivos lexítimos como o cumprimento de funcións ou obrigas legalmente establecidas, ou o exercicio o la defensa de posibles reclamacións.

Así mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento do interesado, este ten o dereito a retirar o consentimento en calquera momento.

O COAG ten designado un Delegado de Protección de Datos co que pode pórse en contacto a través da dirección de correo electrónico dpd@coag.es

No caso de que o interesado estime que non se está a realizar un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamación ante o Delegado de Protección de Datos designado polo COAG ou ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). 

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.