Asinado un convenio co Concello de Pontevedra de interoperabilidade para tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanisticas

8 Xul 2020

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da delegación en Pontevedra do COAG, Anselmo Villanueva, asinaron un convenio mediante o cal ambas entidades porán en común o acceso ás súas respectivas plataformas para axilizar as tramitacións urbanísticas e intercambiar documentación técnica.

Tras a sinatura, na que estiveron acompañados polo concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda, e pola secretaria da delegación do COAG, María Pierres, o alcalde indicou que a posta en marcha deste acordo “vai ser un avance importante na axilización das tramitacións e na modernización da Administración que, a partires de agora, se constrastará coa práctica diaria”.

Pola súa banda, Anselmo Villanueva afirmou que “este é un paso importante para o Concello e un paso enorme para todos os administrados, para todos os cidadáns de Pontevedra, e incluso para os arquitectos de Pontevedra, porque vai ser a primeira pedra para que as licenzas se tramiten doutro xeito”. Asegurou ademáis que “temos a firme crenza e esperanza de que isto vai ser un revulsivo para que as licenzas se movan con máis rapidez”. Tamén explicou que Pontevedra é o terceiro Concello de Galiza co que o COAG asina un convenio destas características.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.