Finalización da aplicación do procedemento extraordinario para as tramitacións dos libros de ordes e asistencias e libros de incidencias en papel

6 maio 2022

A Xunta de Goberno, na súa sesión 5/2022 de 5 de maio, acordou ratificar a proposta da Comisión de Visado de queque, dado o réxime estabilizado de restricións fronte a COVID-49, non se aprecia motivo para manter o procedemento extraordinario establecido por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión de 4/2020 de 2 de abril para a tramitación dos libros de ordes e asistencias e libros de incidencias de orixinais emitidos en papel ou orixinais dixitais levados en papel.

Tal e como se informa na Circular 7 2022, determínase o seguinte:

  • A finalización da aplicación de dito procedemento extraordinario, restablecendo o procedemento ordinario de entregas físicas en papel nas delegacións, que será o único procedemento admitido a partir do día seguinte da comunicación do acordo de finalización en Circular colexial.
  • Establecer de prazo ata o 30 de xuño de 2022 para que os colexiados que tramitaron documentos aplicando o procedemento extraordinario, procedan á entrega dos orixinais en papel en calquera oficinal colexial. Unha vez entregados os libros tramitados mediante o procedemento extraordinario,  o COAG fará copia auténtica para tramitar automaticamente sen cobro adicional. 

Lémbrase que os libros levados en papel deben presentarse en formato papel, con firmas orixinais e acompañado do formulario colexial establecido para o procedemento ordinario, debidamente cuberto e asinado. A presentación deberá realizarse en calquera oficina colexial presencialmente, por correo postal ou mensaxería. 

Por último, recórdase que, tal e como se indicaba no punto 5 do procedemento extraordinario, que o incumprimento desta obriga conleva responsabilidades, entre as que están as disciplinarias.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.