Recursos

O Concello de Cangas comunica a Resolución desestimatoria do recurso de resposición presentado polo COAG en impugnación das condicións do Contrato de menor (cm22/71) do Concello de Cangas para a contratación do servizo de redacción do proxecto de obra “Rehabilitación das Vivendas Sociais de Nazaret”, en defensa das competencias profesionais

Para máis información premer   O concello na súa resolución recoñece que cometeu un erro e que o COAG tiña razón no seu recurso ao alegar a competencia exclusiva dos Arquitectos para un proxecto de rehabilitación dun edificio residencia. Non obstante, o concello...

read more

O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da resolución da alcaldía do Concello de Moaña pola que se aprobaron as bases específicas reguladoras do procedemento selectivo para a provisión definitiva de prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do ano 2018 do Concello de Moaña no que respecta á praza de arquitecto/a (1 praza)

Os principais motivos de impugnación foron: I.- A BAREMACIÓN DO PROCESO SELECTIVO (CONCURSO-OPOSICIÓN): ABSOLUTA INDETERMINACIÓN E CONFUSIÓN DOS TERMOS DA CONVOCATORIA; TOTAL INSEGURIDADE XURÍDICA. A suma das puntuacións máximas dos méritos que se valoran na fase de...

read more

O Xdo. Contencioso-Administrativo, 1 de Lugo declara a firmeza da sentenza acaída no Procedemento Ordinario 46/2020 tramitado ante o Xdo. Contencioso-Administrativo, 1 de Lugo en relación co recurso interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños contra a Licitación e Pregos das Cláusulas Administrativas Particulares e Prescricións Técnicas da Contratación do Servizo de Asesoramento técnica Urbanístico; Acordo, de 12/12/2019, da Xunta de Goberno Local do Concello do Saviñao, no que o COAG compareceu como parte e actuou como codemandado xunto co concello do Saviñao en defensa das competencias da profesión

Antecedentes do procedimento xudicial: O concello do Saviñao licitou o contrato de servizos de asesoramento técnico urbanístico. A cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, relativo á solvencia técnica, entre os requisitos esixidos indicaba que...

read more

A Conselleria de Facenda e Administración Pública desestima os recurso de reposición formulados polo COAG contra a Resolución de o 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes e enxeñaría industrial; escala de ciencias, especialidade de química, e escala e arquitectos (DOG Núm. 241, do 17 de decembro) e contra a Resolución de o 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes e enxeñaría industrial; escala de ciencias, especialidade de química, e escala e arquitectos (DOG Núm. 241, do 17 de decembro).

Enlace ás resolucións (COLEGIO ARQUITECTOS A1 LIBRE, COLEGIO DE ARQUITECTOS A1 ESTABILIZACIÓN). Noticia dos recursos presentados no seu día: ENLACE 

read more

O COAG impugnou as seguintes 5 licitacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a adxudicación de 5 contratos de servizos de redacción de proxectos e dirección de obras de edificios de vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais

Máis info. Redacción de proxecto e dirección de obra para a construción dun edificio para 40 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes, rochos e locais, na Parcela z-13 do Sector 10 do Parque Ofimático da Coruña. Expediente: C-2021/010_RP+DO. Redacción de proxecto...

read more

A Sección de admisión da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo inadmite o Recurso de Casación (nº 3112/2021) do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia contra a Sentenza 45/2021 do 9 de febreiro ditada pola Sala do Contencioso Administrativo, Sección 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Procedemento Ordinario 7198/2020 que desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de 29/01/2020 que desestimou o recurso de reposición contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo

A Sala acordou a inadmisión en virtude do artículo 90.4.c) da Ley 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción Contencioso-Administrativa (LJCA), afirmando "por non ser relevante e determinante do fallo ningunha das infraccións denunciadas".

read more

O COAG presenta dous recursos de reposición: un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no Corpo Facultativo Superior da Administración Especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo a1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e ESCALA de Arquitectos; así mesmo un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no Corpo Facultativo Superior de Administración Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e escala de Arquitectos

O motivo dos recursos ven dado debido a que as bases de ambas convocatorias establecen que o primeiro exercicio da fase de oposición de acceso libre de cada unha das convocatorias coincidirá co da outra de xeito que sendo os mesmos requisitos de acceso non se pode ir...

read more

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.