Club de Lectura Hai Mulleres

7 Mar 2022

Presentámosche o CLUB DE LECTURA HAIMULLERES, dende o vindeiro abril cada terceiro mércores de cada mes a través dun directo de instagram/facebook falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta, Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa  obra e promoverase a participación das espectadoras  para facer preguntas ou comentar con nós o libro.

 

Esta actividade abrirá o COAG a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de contar crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura.

Posteriormente todos os vídeos  permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse  nelas ao longo do ano.

A  primeira convidada será a arquitecta María Novas Ferradas coa que conversaremos sobre a súa obra “Arquitectura y género. Una introducción posible, editado por Melusina en novembro de 2021.

Data: 20 de abril ás 20:00.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.