Piñeiros’21: Iº Encontro intersectorial do piñeiro de Galicia

4 Out 2021

Desde a Fundación Arume, convidámoste a asistir ao evento Piñeiros’21: Iº Encontro intersectorial do piñeiro de Galicia, que nesta primeira edición levará por lema ‘Conectando monte, madeira e mercado’.

O acto, que se celebrará o vindeiro mércores, 27 de outubro no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), servirá como lanzamento da marca Pino de Galicia e contará con mesas especializadas sobre Monte e Mercado.

É tamén un evento que ten como finalidade conectar a aquelas persoas, empresas, axentes e entidades que participan do desenvolvemento dun sector, o da madeira, que nos une e que tanto ten ainda que ofrecer para o noso país. Por iso, gustaríanos contar coa túa presenza.

A xornada comezará ás 12:15 coa mesa redonda sobre o futuro das coníferas na nosa comunidade e a presentación da marca de calidade Pino de Galicia.

Pola tarde, teremos dúas salas diferenciada nas que profesionais e especialistas falarán sobre o Monte e sobre o Mercado.

Contaremos coa presenza de D. José González, Conselleiro de Medio Rural e D. Francisco Conde López, Vicepresidente segundo e Conselleiro Economía, Empresa e Innovación. Ao mediodía haberá un refrixerio

Preme aquí e poderás acceder ao programa completo da xornada.

O aforo é limitado, polo que pregamos inscrición previa nesta ligazón

Calquera dúbida ou aclaración, non dubides en poñerte en contacto con nós.

Esperámoste!

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.