Encontro “Ferrol vello e A Madalena. As estratexias de recuperación patrimonial, Rehabilitación e rexeneración urbana”

17 Out 2018

O vindeiro mércores 31 de outubro, ás 17,00 horas, terá lugar no Ateneo Ferrolán este encontro, organizado pola Sección de Patromonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega.

O programa IN SITU pretende crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o espazo de debate ao contexto xeográfico e social dos bens. A elección dos conxuntos históricos onde se van desenvolver os Encontros (Vigo, Ferrol, Ourense-Ribadavia) pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan e introducir no debate os aspectos complexos do debate arredor da protección patrimonial da cidade histórica.

O barrio da Madalena e Ferrol Vello son dúas realidades diferenciadas que forman, en palabras de Alfredo Vigo Trasancos, unha especie de binomio imprescindible inmerso nun contexto de crise urbana que se prolonga dende hai décadas. Esta condición danos pé a analizar e confrontar a aplicación nos dous barrios das estratexias e criterios de recuperación establecidos dende a lexislación, o planeamento e as políticas públicas de rehabilitación, así como a súa capacidade de adecuación a esas realidades.

O Encontro, coordinado por Rebeca Blanco-Rotea e Teresa Nieto, contará coa participación de Miguel Reimúndez González (arquitecto), Alfonso Díaz Revilla (arquitecto, Oficina de Planeamento, S.A.) e Ignacio Mendizábal Herrero(arquitecto, Oficina de Rehabilitación de Ferrol).

Pode consultar o PROGRAMA.

Nesta ligazón pode facer a súa SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.