Día Mundial da Arquitectura 2015

28 Set 2015

Día Mundial da Arquitectura, 5 de outubro de 2015
Arquitectura, Construcción, Clima. Compromisos e Solucións

A Unión Internacional de Arquitectos (UIA) , que representa o 1,3 millóns de arquitectos de todo o mundo, anuncia o tema do Día Mundial da Arquitectura (05 de outubro de 2015): Arquitectura, Construcción, Clima.

Agora que os gobernos de todo o mundo están a abordar COP 21 negociacións, que se celebrará a finais deste ano, a fin de alcanzar un tratado internacional sobre o clima, a UIA, xunto con arquitectura nacional e as organizacións rexionais, vai destacar a papel da arquitectura, deseño e urbanismo na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

Durante a celebración da COP 21 ( en París do 30 de novembro a 11 de decembro ) e través dunha serie de eventos dedicada á arquitectura responsable, a UIA destacará contribucións dos arquitectos máis importantes do mundo. A delegación encabezada polo presidente da UIA, Esa Mohamed, Malaisia, representar a profesión.

Día Mundial de la Arquitectura, 5 de octubre de 2015
Arquitectura, Construcción, Clima. Compromisos y Soluciones

La Unión Internacional de Arquitectos (UIA), que representa a 1,3 millones de arquitectos de todo el mundo, anuncia el tema del Día Mundial de la Arquitectura (5 de octubre 2015): Arquitectura, Construcción, Clima.

Ahora que los gobiernos de todo el mundo están abordando COP 21, negociaciones que se celebrarán a finales de este año con el propósito de alcanzar un tratado internacional sobre el clima, la UIA, junto con organizaciones nacionales y regionales de arquitectura, pondrá de relieve el papel determinante de la arquitectura, el diseño y el urbanismo en la reducción de las emisiones de gases de efecto invernadero.

La UIA invita a sus miembros, a sus órganos de trabajo y a sus colaboradores a movilizarse el 5 de octubre para promover acciones, prácticas y soluciones que ilustren el enorme potencial de la arquitectura y el urbanismo frente al cambio climático global, uno de los grandes desafíos de nuestro tiempo.

Durante la celebración de COP 21 (en Paris del 30 de noviembre al 11 de diciembre) y mediante una serie de eventos dedicados a la arquitectura responsable, la UIA pondrá de manifiesto las aportaciones de los arquitectos más importantes del mundo. Una delegación encabezada por el presidente de la UIA, Esa Mohamed, de Malasia, representará a la profesión.

Programa de Actividades do COAG

Delegación de Pontevedra

  • Luns 5 de outubro. Os Pendellos de Agolada

Trátase de pór de relevo o deseño responsable, os seus efectos no desenrolo das cidades e edificacións.  Promover accións e solucions que poden ofrecer a arquitectura e o deseño urbano para facer fronte a un dos problemas máis grandes dos nosos tempos, o cambio climático.

unnamed(1) unnamed

Moitas son pezas da nosa arquitectura tradicional que durante anos serviron a ese cometido, muíños, lavadoiros, torres de alarma, pendellos, pozos, mercados, etc…arquitecturas moitas delas de  uso comunitario, que permitiron a sostibilidade non só de comunidades, senón aproveitar ao máximo os recursos naturais e materiais para permitir ou preservar os cultivos, actividades gandeiras, seguridade cidadá, mellora dos abastecementos e relacións comerciais, etc…

Con este motivo invitouse a todos os concellos do noso ámbeto a propoñer a visualización das arquitecturas tradicionais que cumplisen estas premisas, seleccionándose unha delas, “Os Pendellos de Agolada”, datado a finais do século XVIII, coma un dos máis claros e singulares exemplos da nosa provincia.

A Delegación en Pontevedra convoca  así a tódos os colexiados, autoridades e todas aquelas persoas interesadas en participar, aos ACTOS PROGRAMADOS para o vindeiro luns día 5 de Outubro a partires das 17:00h nos Pendellos de Agolada.

17:00h : discurso de benvida das autoridades colexiais, axentes sociais e políticos
17:20h: visita ao conxunto  historico-artistico acompañados dos arquitectos directores da obra de restauración.
18:00h: xunto coas autoridades invitadas ao acto, descubrirase unha placa conmemorativa do día.
18:15 finalizarase o acto coa degustación dun pincho galego.

Ciclo de documentáis de Arquitectura

  • Martes 6 de outubro: 4 documentais de J.S. Bollaín

Sevilla en tres niveles

Soñar con Sevilla I (Sevilla tuvo que ser)

Soñar con Sevilla  III (La ciudad es el recuerdo)

La alameda

  • Martes 13 de outubro:

J.LL. Sert Un sueño nómada.

Manolo Gallego

  •  Martes 20 de outubro: 
     Ficción Inmobiliaria  I e II

Delegación de Ourense

  • Luns 5 de outubro. Conversas no Tinteiro.

18:30 na Fonte de O Tinteiro.

Tinteiro

A delegación de Ourense do COAG tratará este ano de poñer en relevo o uso responsable dos recursos que a propia natureza ofrécenos en aras da sustentabilidade. Por esta razón renderemos homenaxe á Fonte de O Tinteiro como exemplo de arquitectura termal que permitiu a sustentabilidade e o aproveitamento dun recurso natural con fins hixiénicos, terapeúticos e curativos ao longo dos anos. O manancial de O Tinteiro, próximo á zona da Chavasqueira, é un dos enclaves termais de referencia con que conta Ourense. Trátase dunha fonte de augas termais, de uso gratuíto, as súas augas presentan un caudal mínimo de 0,4 l/s. Bicarbonatadas-sódicas e sulfuradas, son augas con indicacións terapéuticas para o tratamento de afeccións dermatolóxicas e reumáticas.

Foron rehabilitadas polo Concello de Ourense, dentro do proxecto de recuperación integral da marxe dereita do río Miño. Da man da arquitecta Mónica Rúa Ferreño coñeceremos os pormenores da súa renovación a través da intervención arquitectónica realizada, que logrou transformar o espazo, dignificalo e convertelo en visita obrigada para turistas.

En contraposición ao uso responsable dos recursos que a natureza nos ofrece, xórdennos dúbidas e incertezas acerca de se a sociedade en xeral estámonos tomando en serio os efectos que pode ter sobre todos nós o cambio climático, nestas CONVERSAS NO TINTEIRO, xeraremos un debate expondo cuestións relacionadas coa arquitectura, a construción, o clima e o uso racional dos recursos naturais dos que dispoñemos..

 

Delegación de Lugo

Con este motivo, a Xunta Directiva da Delegación de Lugo propón a divulgación de propostas arquitectónicas comprometidas coa sustentabilidade e realizadas no noso ámbito territorial, ou en calquera outra localización se foron deseñadas por arquitectos/as colexiados/as na Delegación de Lugo.

Tras a convocatoria realizada, os traballos recibidos aínda non alcanzando o numero de cinco como se propoñía, consideráronse suficientemente representativos do traballo dos nosos colexiados no compromiso da arquitectura sustentable, eficiente e conforme ao clima.

o_151001012908_998Unha rehabilitación dunha vivenda unifamiliar, un edificio de vivendas urbano e un edificio institucional, dos que se achega a información enviada completa.

En datas que se anunciarán, convocarase charla-coloquio cos autores.

COAG LUGO. 5 DE OUTUBRO 2015, DMA. ARQUITECTURA, CONSTRUCIÓN, CLIMA

 

 Delegación de Ferrol

Baixo o lema “arquitectura, construcción, clima, compromisos e solucións”, neste ano 2015 a Delegación do COAG en Ferrol propón unha reflexión sobre a situación ambiental do conxunto da cidade, prestando especial atención a aspectos como o comportamento enerxético das edificacións, o conflicto entre tráfico rodado e espazos públicos, a xestión deficiente do ciclo da auga, a contaminación lumínica que provoca a iluminación pública, a urbanización extensiva inxustificada, a adaptabilidade climática das especies plantadas nos espazos públicos, etc.

cartel_dma2015_ferrol

  • Domingo 4 de outubro.

11:00 Paseo que percorrerá a cidade dende a praza do Cruceiro de Canido ata o paseo litoral do barrio de Caranza.

Terá unha duración aproximada de dúas horas. O itinerario incluirá o barrio da Madalena, a Alameda do Carbón, a Praza da Constitución, a Praza de España, o barrio de Ultramar e a urbanización do Bertón. En cada un dos oito puntos do percorrido outras tantas persoas, pertencentes ben ao COAG ben a Verdegaia, irán explicando aspectos relacionados coas condicións ambientais destes oito fragmentos de cidade.

  • Luns 5 de outubro. 

17:30 na Delegación do COAG en Ferrol (Rúa Real 14-16 baixo)

Convidarase aos participantes no roteiro a propor solucións para as oito problemáticas expostas no día anterior. Estas propostas recolleranse nun documento de conclusións que será trasladado á cidadanía, a través dos medios de comunicación, na semana a seguir.

 

Delegación de Vigo

O obxectivos das actividades é a promoción de acción, prácticas e solucións que ilustren o enorme potencial da arquitectura e o urbanismo fronte ao cambio climático global, un dos grandes desafíos do noso tempo.

  • Luns 5 de outubro.

19:30 Delegación do COAG en Vigo, charla e coloquio

– ‘Cambio Climático: Por qué e cómo afrontar o problema’

¿Por qué se xera o cambio climático? ¿qué impactos podemos esperar? ¿qué solucións podemos adoptar? Alternativas (non técnicas) para a profesión.

Xavier Labandeira Villot

Representante español no Intergovernmental Panel on Climate Change

– ‘Edificios de consumo casi nulo (NZEB)’

Directiva 2010/31/UE de 19 de maio de 2010 relativa a eficiencia enerxética dos edificios. Diversidade de Estándares de NZEB. Certificación Passivhaus. Protocolo EnerPHit de rehabilitación enerxética.

Xosé Carlos Rodríguez Otero

Arquitecto

Delegación de Santiago

  • Luns 5 de outubro.

19:30 Conferencia “Leccións do patrimonio construído para un hábitat sustentable: materiais, clima, territorio, sociedade” a cargo do arquitecto Alejandro Fernández Palicio.

Na súa intervención, o arquitecto explicará cal é a conexión entre o vernáculo e o sustentable. Segundo Fernández Palicio, o concepto de sustentabilidade progresou desde unha aproximación máis alternativa ata unha aproximación tecnolóxica e hihg-tech. E pola súa banda, o patrimonio vernáculo ten para o arquitecto un importante rol a desenvolver na sociedade actual, como “inspirador do hábitat sustentable e do low-tech”. Con estas premisas, o experto tentará indicar como se pode chegar a unha arquitectura sustentable.

Delegación de A Coruña

La Delegación de A Coruña del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia propone para este día la puesta en valor de las arquitecturas y los espacios urbanos de nuestro ámbito territorial, abarcando desde la arquitectura tradicional hasta las actuaciones contemporáneas, en las que se hallen criterios de sostenibilidad.

Siempre ha sido a tener en cuenta en este aspecto la arquitectura popular y, en la ciudad de A Coruña encontramos, en la fachada de galerías de La Marina, un magnífico ejemplo de construcción adaptada al medio que utiliza inteligentemente estrategias pasivas de acondicionamiento térmico mediante captación solar.

Pero no sólo estas arquitecturas se adaptan al medio sino que la propia ciudad ha realizado desde sus orígenes esta adaptación. A Coruña nace mirando al Sur, al abrigo de la bahía, protegiéndose de los vientos y de la bravura del Atlántico.

  • Luns 5 de outubro.

19:30 mesa de debate en la Sala Arquitectura de nuestra Delegación sobre aspectos de la ciudad de A Coruña relacionados con la ciudad que está por venir: nuevas condiciones y modelo de ciudad, movilidad, el espacio público, relación entre barrios, nuevas y futuras infraestructuras y oportunidades en aquellas que desaparecerán, el puerto, la relación con el entorno natural, etc

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.