AGAU

Convocatoria de eleccións COAG | 20 de maio de 2019

Tal e como se anuncia na Circular 3 2019, a Xunta de Goberno acordou convocar eleccións para cubrir tódolos postos da Xunta de Goberno e Xuntas Directivas do Colexio, a celebrar o día 20 de maio de 2019. Así mesmo, adxúntase carta do decano con motivo desta...

Recordatorio do peche de delegacións colexias do 6 ao 19 de agosto.

Lémbrase que, conforme ao comunicado na circular 5/2018, a Xunta de Goberno colexial na súa sesión 3/2018, celebrada o pasado 1 de marzo, adoptou o acordo de aprobar o peche das delegación colexiais do 6 ao 19 de agosto (ambos inclusive), establecendo que nese período...

Horario especial na delegación de Santiago e na Sede colexial na semana do 23 ao 27 de xullo

Infórmase que a semana do 23 ao 27 de xullo, con motivo da semana grande na cidade de Santiago de Compostela, o horario de atención na Delegación  e na Sede colexial será de 10 a 13 horas. Rogamos desculpen as molestias.

Convocatoria pública de contratación dunha praza de administrativo/a

Conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión 3/2022 de 10 de marzo, comunicado na circular 4/2022, creouse 1 praza de administrativo/a para que preste as funcións da categoría de “Administrativo” do grupo profesional III do Convenio Colectivo na...

Xornada de asesoramento en liña sobre o programa de axuda á movilidade eléctrica, MOVES III

Este xoves 27 de outubro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento en formato en liña sobre o Programa de axuda á mobilidade eléctrica, MOVES III, centrada nas infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, cuxo crédito se acaba...

Convocatoria do programa de axuda á movilidade eléctrica, MOVES III

No DOG do 5 de agosto de 2021, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Enerxético de Galicia do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa...

Presentación: “Cara unha axenda territorial de Galicia”

O vindeiro mércores 26 de outubro ás 17:30 celebrarase o acto de inicio de proxecto “Cara unha axenda territorial de Galicia”, traballo coordinado pola Fundación RIA en colaboración coa Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos. A xornada, que terá lugar no...

Convocatoria de ELECCIÓNS

Tal e como se anuncia na Circular 11 2024, convócanse as eleccións da Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas Urbanistas do COAG a celebrar o 17 de outubro de 2024.

QUE É?

A AGAU é a Agrupación de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas de Galicia, vinculada ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Actualmente é unha agrupación en proceso de xestación e definición. Creouse en decembro de 2023 por iniciativa dun grupo de colexiadas con interese no Urbanismo, a Ordenación do Territorio e a Paisaxe do noso territorio. Polo momento unicamente se deron os pasos mínimos imprescindibles para poder convocar un proceso electoral que dea lugar á primeira Xunta Directiva electa.

Proceso de formación

Documentación asociada

Acordo de creación da comisión xestora da “Agrupación de arquitectos urbanistas”  Circular 22/2023

Convocatoria e acordo da Xunta Xeral extraordinaria celebrada o 19/12/2023 sobre a aprobación do regulamento da “Agrupación galega de arquitectos e arquitectas urbanistas”  Circular 27/2023 e Circular 29/2023

Regulamento da AGAU

O Regulamento da AGAU-COAG establece o marco organizativo e operativo para a agrupación, que se vincula ao COAG conforme ao artigo 51 dos estatutos. Diríxese a promover o prestixio, a solidariedade, a comunicación, e a defensa dos intereses profesionais dos seus integrantes no ámbito do urbanismo, a ordenación do territorio e a xestión da paisaxe, fomentando a súa participación activa nestes campos.

Consulta aquí o  Regulamento da AGAU

Aspectos clave do Regulamento:

  • Natureza e Funcións: A AGAU-COAG velará polo prestixio da actividade profesional nos seus eidos de actuación, defenderá os intereses dos seus membros, promoverá a participación nos asuntos relativos ao territorio, e coordinarase con outras agrupacións para a defensa de intereses comúns.
  • Membros: Poderán ser persoas integrantes todas as colexiadas e colexiados do COAG que o soliciten e cumpran cos requisitos. Contémplase a figura de “Afín” para arquitectos ou arquitectas doutros colexios ou disciplinas relacionadas co urbanismo que desexen unirse.
  • Órganos de Goberno: A AGAU-COAG réxese por unha Asemblea Xeral e unha Xunta Directiva. A Asemblea Xeral é o máximo órgano de decisión, mentres que a Xunta Directiva encárgase da xestión diaria e a execución das decisións tomadas pola Asemblea.
  • Economía: A agrupación debe ser autosuficiente economicamente, podendo recibir achegas do COAG dentro de certos límites, así como cotizacións das persoas agrupadas e posibles subvencións ou donativos.
  • Procedementos Electorais e de Xestión: Establécense procedementos para a elección da Xunta Directiva, a xestión económica integrada nos orzamentos do COAG, e o réxime de acordos que permite recurso ante a Xunta de Goberno do COAG.

POR QUE?

O papel das arquitectas e os arquitectos na planificación do territorio cada vez se atopa máis devaluado e a actividade profesional vinculada ao urbanismo, a ordenación do territorio e o paisaxismo adoece de falta de visibilidade e problemas de precariedade no seu desenvolvemento.

Pensamos que debemos reivindicar como colectivo a nosa disciplina, que é unha ferramenta fundamental para a posta en valor do noso territorio, aportando unha mirada rigorosa, e aspirando a transitar cara unha sociedade máis xusta.

AXENDA

23 de maio, 19:00: reunión informativa AGAU-COAG

 enlace de inscrición á reunión

AGRÚPATE

A agrupación preséntase como unha plataforma esencial para aquelas arquitectas e arquitectos urbanistas que buscan non só ampliar os seus coñecementos e habilidades, senón tamén contribuír ao desenvolvemento sostible, integrado e responsable do territorio galego.

É un chamado a todas as persoas profesionais do ámbito, a unirse e participar activamente nesta comunidade, para afrontar os desafíos do urbanismo, a ordenación do territorio e a paisaxe con solidez, innovación e compromiso ético.

A AGAU-COAG ofréceche a oportunidade de ser parte dun colectivo que valora o teu desenvolvemento profesional e as túas contribucións ao campo do urbanismo, animándote a participar nun espazo onde a túa voz e o teu traballo terán un impacto real e positivo na nosa comunidade profesional e, polo tanto, na sociedade.

Todas as colexiadas e colexiados do COAG poden formar parte da AGAU-COAG. Pódese tramitar a inscrición de balde a través do seguinte enlace, accedendo coas credenciais colexiais:

 enlace de inscrición á agrupación

CONTACTO

Se queres transmitir calquera dúbida ou suxestión á AGAU, podes facelo no correo electrónico:

 agau@coag.es

Xornada de asesoramento en liña sobre o programa de axuda á movilidade eléctrica, MOVES III

Este xoves 27 de outubro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento en formato en liña sobre o Programa de axuda á mobilidade eléctrica, MOVES III, centrada nas infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, cuxo crédito se acaba...

Convocatoria do programa de axuda á movilidade eléctrica, MOVES III

No DOG do 5 de agosto de 2021, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Enerxético de Galicia do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa...

Gravación da xornada de asesoramento sobre o programa de axuda á mellora da accesibilidade en vivendas

Está dispoñible na Canle COAG a gravación da xornada de asesoramento sobre o programa de axuda á mellora da accesibilidade en vivendas, que, dentro do ciclo de axudas á rehabilitación, tivo lugar o pasado venres 14 de outubro. Pode acceder a través da seguinte...

Gravación da xornada de asesoramento sobre o Programa de axuda ás actuaciones de rehabilitación a nivel de barrio

Está dispoñible na Canle COAG a gravación da xornada de asesoramento sobre o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, que, dentro do ciclo de axudas á rehabilitación, tivo lugar o pasado xoves 6 de outubro. Pode accederse a través da...

Xornada de asesoramento en liña sobre o programa de axuda á mellora da accesibilidade en vivendas

Mañá venres 14 de outubro, de 12:00 a 12:30 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento en formato en liña sobre o Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas, cuxa procedemento de participación publicouse no DOG o martes 4 de outubro. Durante...

Convocatoria do programa de axuda á mellora da accesibilidade en vivendas

No DOG do 4 de outubro, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 23 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas, do Plan estatal para o acceso á vivenda...

Xornada de asesoramento on line sobre o programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio

O vindeiro xoves día 6 de outubro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento, en formato on line, sobre o programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, cuxo procedemento de participación se publicou no DOG do...

Convocatoria do Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio

No DOG do 19 de xullo, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 8 de xullo de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola...

Gravación da xornada de asesoramento sobre os Programas de axuda ás instalacións de xeración e almacenamento de enerxía eléctrica con fontes renovables destinadas a autoconsumo en vivendas

Está dispoñible no Canle COAG a gravación da xornada de asesoramento sobre os programas de incentivos 4 e 5 vinculados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector que, dentro do ciclo de axudas á...

Xornada de asesoramento on line sobre os programas de incentivos ás instalacións de xeneración e almacenamento de enerxía eléctrica con fontes renovables destinadas a autoconsumo en vivendas

Este xoves 7 de xullo, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento, en formato on line, sobre os programas de incentivos 4 y 5 vinculados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, las administracións públicas e o terceiro...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.